Os bombeiros do parque Provincial das Pontes participaron este mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume que afectou a un edificio da rúa Crecente Veiga, no concello de Cariño.
O lume orixinouse no terceiro andar do inmoble, calcinando a terraza e os materiais que nela se atopaban. Ademais, o fume afectou ao resto de andares. O operativo consistiu na extinción do lume e a comprobación da seguridade.