O parque empresarial crecerá nun total de 332.836 m2, superando o millón de m2 de superficie total.
10 de outubro de 2024. Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), e parte do seu equipo técnico, reuníronse esta mañá no Concello da Laracha co alcalde, José Manuel López Varela, os edís José Ramón Martínez e Pablo Cambón, e técnicos municipais para avanzar no proxecto de ampliación do polígono industrial.
Ademais de aclarar e buscar solucións a aspectos técnicos que xorden do proxecto, previron que en novembro poderán presentar o proxecto estruturante, é dicir, a tramitación administrativa que permitirá poñer en marcha o plan de urbanización. “Un paso máis para responder á demanda de solo industrial na zona, consolidando un polo de actividade industrial no eixo atlántico”, explica Beatriz Sestayo.
O polígono da Laracha crecerá nun total de 332.836 metros cuadrados, o que supón que alcanzará unha superficie que superará o millón de metros cuadrados. Ocupado en máis dun oitenta por cento –quedan parcelas libres de entre 1.200 e 21.000 metros cadrados–, ten unha importante demanda de solo por parte de distintas empresas, que poñen en valor non só a súa excelente situación, senón tamén as atractivas condicións ofrecidas desde SEA.
A ampliación, que se desenvolverá nun espazo lindeiro, foi licitada por SEA a finais do mes de xaneiro e a intención da entidade estatal é “axilizar ao máximo os trámites para responder á demanda de solo industrial nun parque empresarial que é xa un referente empresarial en Galicia”. Conta na actualidad con 25 empresas entre as que se atopan Inditex, Abelas Alexan, J. Esmorís e Hijos ou Unifersa.
O alcalde da Laracha aproveitou a reunión para informar á xerente de SEA do inminente inicio das obras de mellora da mobilidade e accesibilidade no parque empresarial. Concello e Xunta de Galicia investirán 213.000 euros na apertura dunha nova vía na entrada sur que enlazará o acceso principal co aparcamento, permitindo saír e entrar do ámbito industrial sen necesidade de circular polas vías interiores. Tamén se inclúe a construción dun novo tramo de beirarrúa, coa conseguinte creación de espacios de aparcamento, ampliación do alumeado público e melloras nas redes de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais. Os traballos comezarán a executarse o luns.
Características do Parque Empresarial da Laracha
• Superficie Bruta: 825.249 m².
• Superficie Neta: 537.925 m².
• Edificabilidade Industrial: 326.199 m².
• Edificabilidade Terciaria-Mixta: 240.865 m².
• Edificabilidade Total: 567.064 m².