O pavillón Castelao I acolleu un gran concurso no que participaron máis de 550 persoas. Durante máis de tres horas arredor de 2.500 persoas desfrutaron dun espectáculo marcado pola cor a diversión e a creatividade
Ordes 13 xaneiro 2016. Aínda que o tempo non acompañou o Concello de Ordes celebrou como se merece a tradición do Entroido. Debido ás inclemencias meteorolóxicas o concurso no que participaron 550 persoas en total trasladouse ao pavillón Castelao I. Pouco despois das 17 horas, momento indicado para dar inicio ao concurso, as instalacións deportivas presentaban un cheo absoluto. Según os organizadores hai que falar dun total de 2.500 persoas quenes ao longo de toda a tarde acudiron a defrutar das máscaras, disfraces, comparsas e carrozas. En total foron máis de tres horas de espectáculo no que todas e todos desfrutaron.
En total foron máis de 4000 € en premios os que, de man do alcalde e de cada un dos concelleiros que compoñen o equipo do Goberno Local, se entregaron. Ademais dos participantes chegados da comarca non faltaron á cita os provintes doutros lugares da provincia como Teo, Santiago, Arteixo, Oleiros, Noia, Laracha, Carral ou Lavacolla entre outros. Espantallos, personaxes de cine como os de Alicia no País das Marabillas, O Rei León, Terminator, Os Picapedra etc; estrelas de rock e bailaríns modernos; elfos, meigos e fadas; sinais de tráfico; esquimais; fantasías de Entroido; debuxos animados como Peppa Pig e os superheroes Marbel; indios e vaqueiros, danzarinas orientais e ata maceiras e árbores frutais. Todas estas creacións rebosantes de inxenio e humor fixeron novamente que o Entroido de Ordes resultase un éxito.
Un ano máis o Concello agradece o patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.
PREMIADOS
Categoría Infantil Individual:
1º) Las estaciones 2º) Arcangel Tyrael 3º) Pinocho
Categoría Comparsa Infantil:
1º) Xenerais do Entroido 2º) Burbullas 3º) Gramola de baile
Categoría Adulto Individual:
1º) Fantasía de Carnaval 2º) Peppa Pig 3º) A maceira busca leira
Categoría Comparsa Adulto:
1º) El Rei León 2º) Os espantallos de Camiño Real de Poulo 3º) Os choqueiros no País das Marabillas
Categoría Carrozas:
1º) Aerolinea Low Cost Mía 2º) El ingenioso hidalgo de la Armadura
Premio Simpatía: Señales Imposibles
Premio Mejor Comparsa Municipal: Os Picapedra