Thursday 21 de November de 2024

Gonzalo Muíños sobre a nova ordenanza de convivencia: “non será mellor, antes de aumentar as prohibicións, facer cumprir as vixentes?”


▪ Aposta polo incremento da plan0lla da Policía Local para reducir as ac0tudes incívicas

▪ O portavoz socialista cri0ca ademais que que non se informase á oposición nin exis0se diálogo previo coa veciñanza “máis cando teñen minoría absoluta no pleno da Corporación que terá que aprobala”

“Non será mellor, antes de aumentar as prohibicións, facer cumprir as actualmente vixentes?” é o que se pregunta o portavoz municipal socialista, Gonzalo Muíños, ante o anuncio do goberno local de abordar a redacción dunha nova ordenanza de convivencia. Un anuncio “irresponsable”, a ollos do edil socialista, que se amosou moi crítico porque se fixesen esas declaracións públicas sen informar a oposición nin existise diálogo previo coas asociacións veciñais; “sobre todo porque é unha ordenanza que terá que ser aprobada nun pleno no que están -BNG e CA- en minoría absoluta”

O socialista ve neste un “anuncio á desesperada para xerar un titular” por parte do executivo de Sanmartin e “intentar tapar que durante este verán nada fixeron para controlar as prácticas incívicas e avanzar cara un turismo máis respectuoso”. Neste sentido, lembra que as medidas que puxo en marcha a edil de turismo chegaron a mediados de agosto, xa case rematada a tempada alta do turismo na cidade.
“Igual a señora Louzao o que non quere poñer enriba da mesa é a necesidade de incrementar a plantilla da Policía Local”

Muíños cualifica de “rara” a proposta que se está a formular, máis cando a actual ordenanza de convivencia xa prohibe, entre outros, Frar cascaras, papeis, gomas de mascar ou cigarros á vía pública. Tamén saFsfacer as necesidades fisiolóxicas ou cuspir na rúa. Unha regulación, a existente, que insiste o edil socialista, en moitos casos “non se está a cumprir por falta de recursos”.

De feito, o socialista sinala que a actual ordenanza prohibe tamén o consumo de bebidas en vía pública “cando altere á convivencia cidadá” no seu Artigo 67. Así as cousas, Gonzalo Muíños sinala que o problema “quizais non é a norma senón a falta de recursos”: “igual a señora Louza o que non quere poñer enriba da mesa é a necesidade de incrementar a planFlla da Policía Local”.