O Concello de Oleiros quere alertar o conxunto da poboación do intento de estafa por parte dun individuo que se fai pasar por comercial dunha coñecida cadea de supermercados. Este falso vendedor utiliza como gancho unhas cremas, para despois intentar vender outros artigos tales como sofás, colchóns etc.
O máis grave é que non só intenta estafar, senón que ten producido algunha situación bastante desagradable no momento no que se lle indica que abandone o domicilio, tal e como relata algún veciño.
O Concello fai un chamamento a toda a poboación para que extreme as precaucións ante este tipo de individuos e denuncie ante a Policía Local ou a Garda Civil.