Christian Danis Castro, axente da Policía Local de Oleiros, representará o corpo municipal no Campionato de Europa de policías e bombeiros que se celebra esta fin de semana na cidade portuguesa de Braga. Danis Castro competirá en atletismo, nas distancias de 800, 1.500 e 5.000 metros.
O Concello de Oleiros conta cun extraordinario cadro de persoal de axentes policiais que destaca pola súa profesionalidade no exercicio do servizo público. É por tanto unha honra dispoñer de axentes como Christian Danis Castro, exemplo de disciplina e superación persoal.