O Concello organiza un novo obradoiro de rakú “obvara” impartido polo ceramista Nano Unzueta no Museo Os Oleiros.
O rakú é o nome que reciben tanto a técnica como un tipo de olería de orixe xaponés que ten como resultado pezas esmaltadas nas que se conseguen efectos cromáticos inesperados na superficie das pezas.
Neste novo obradoiro, o ceramista Nano Unzueta, propón a realización dunha versión diferente de rakú cun procedemento decorativo sorprendente no que non se empregan esmaltes pero que acadan resultados decorativos igualmente interesantes.
As persoas participantes nesta actividade confeccionarán unha peza de cero e a decorarán xogando coas posibilidades decorativas desta singular técnica de traballo.
A actividade está deseñada para público xeral mais terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros e desenvolverase na Escola Municipal de Olería no Centro Cultural As Torres.
O prezo da actividade é de 4,00 euros.
Os horarios para as sesións son os seguintes:
– 9 de novembro: 1ª quenda de 16.00 a 17.00 h e 2ª quenda de 17.00 a 18.00 h
– 16 de novembro: 1ª e 2ª quenda: de 16.00 a 18.00 h (unha única quenda)
As inscricións poderán realizarse a través dos formularios electrónicos habilitados desde o día 15 de outubro ás 10:00 horas.
1ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1345366
2ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1345384