Friday 22 de November de 2024

Inauguración da exposición de pintura “Pinto que teño que pintar” do Taller de Polo


O mércores 16 de outubro ás 20:00h inaugúrase no Centro Cultural A Fábrica mostra colectiva de pintura “Pinto que teño que pintar” do Taller de Polo.

A mostra componse dunha mestura obras do alumnado máis novo, de artistas xa consolidados pasando por aquelas persoas que comezan a súa traxectoria cos pinceis, a pintura e as diferentes técnicas pictóricas.

A exposición permanecerá desde o 16 ao 30 de outubro no hall do Centro Cultural Fábrica. O horario de apertura ao público será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.