Friday 22 de November de 2024

A Xunta amplía a 200 mbps a velocidade de conexión a internet da Escola Oficial de Idiomas da Coruña



Ao remate máis de 400 centros educativos disporán destas redes ultrarrápidas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de ampliar a 200Mpbs a velocidade de conexión a Internet da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Grazas a esta mellora, o centro que contaban cunha liña de 15 Mpbs de velocidade, terá un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

As melloras realizadas pola Xunta nos últimos anos permitiron dotar de conexións de 200 Mpbs a máis de 250 centros educativos, que ao longo deste ano se incrementarán a máis de 400. Esta actuación ampliarase ata o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria no prazo de dous anos, grazas a un acordo de colaboración entre a Amtega, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura e o Deporte e Red.es. Cun orzamento de 19,1 millóns de euros ambas Administracións dotarán de conectividade de 100mbps a outros 839 centros públicos, así como dun punto wifi por cada 60 alumnos en todos os centros.

Plan de Banda Larga 2020
Os despregamentos de infraestruturas de telecomunicacións realizados pola Xunta nos últimos cinco anos, permitiron universalizar o acceso á banda larga de cando menos 2Mbps e que a metade da poboación dispoña da posibilidade de acceso a redes de nova xeración de ata 200Mbps.

Sen embargo a rápida evolución das tecnoloxías require, ademais dunha cobertura universal, velocidades de banda larga moito máis elevadas para garantir o acceso e o emprego de novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais.

Por iso, o Goberno autonómico aprobou o Plan de Banda Larga 2020 para garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

En 2016 abrirase a primeira convocatoria pública para incentivar os despregamentos de redes de 100Mbps co obxectivo de que no 2020 dispoñan deste servizo todos os núcleos de máis de 500 habitantes, o 60% da poboación da Comunidade