Friday 22 de November de 2024

A praza de abastos da Pobra abrirá no 12 de outubro


No 12 de outubro é festivo nacional, se ben a praza de abastos da Pobra do Caramiñal manterá o seu horario de apertura habitual.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, explica que se tomou esta decisión consensuada cos praceiros e praceiras co obxectivo de favorecer que a cidadanía poida realiza-las súas compras habituais de alimentación, xa que, en moitas profesións, os sábados non son días laborais ou ben a xornada é máis curta.

Os postos de peixe estarán xa operativos a partir das 08.30 horas, ao entrar xa o produto, mentres que o resto de comercios farán o propio a partir das 09.00 horas.