Thursday 21 de November de 2024

Un incendio calcina unha nave no Temple, no concello de Cambre


Os bombeiros do parque Provincial de Arteixo foron alertados ás 10:36 horas deta mañá dun incendio que afectou a un taller mecánico situado no Temple, no concello de Cambre.

Logo de ser alertados polo 112, e tras comprobar a magnitude do incendio, os bombeiros provinciais de Arteixo reclamaron a asistencia do parque de Betanzos para facer fronte ao lume. O operativo consistiu na extinción do lume, avanzando paulatinamente desde a entrada da nave cara o seu interior ao tempo que se comprobaba que as chamas non se propagaran aos locais contiguos.

O incendio, segundo indicaron traballadores do taller, orixinouse nunha máquina situada nunha das esquinas da nave, provocando que quedase calcinada na súa totalidade, afectando deste xeito a vinte vehículos. Os locais anexos soamente sufriron danos polo fume, así como por fendas nas paredes ocasionadas polas altas temperaturas. Non houbo que lamentar danos persoais.