Friday 18 de October de 2024

Xa se pode pedir cita para pasar a ITV de vehículos agrícolas en Neda o próximo mes de novembro


Os veciños ou veciñas de Neda que teñan tractores e outro tipo de maquinaria agrícola, de obras ou de servizos poderán pasar a Inspección Técnica destes vehículos no municipio o día 18 de novembro. A unidade móbil 11 da ITV situarase no aparcadoiro disuasorio do Roxal, localizado xunto ao Pazo de Isabel II, estando operativa de 9.00 a 13.30 horas.
Segundo apuntan dende Supervisión y Control (SYC Applus+), concesionaria do servizo, as persoas interesadas en realizar no municipio a revisión dese tipo de vehículos xa poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 981 92 80 80 ou a través da web www.sycitv.com.
As ITV móbiles para a maquinaria agrícola permiten mellorar a seguridade viaria, facilitando ás persoas propietarias deste tipo de vehículos a posibilidade de pasar a revisión sen ter que cambiar de localidade, evitando así desprazamentos longos.

Deja un comentario