Monday 25 de November de 2024

A Xunta avalía o desenvolvemento de proxectos de atención a maiores no concello de Curtis


O Goberno galego avalía co Concello de Curtis a posta en marcha de proxectos de atención a maiores neste municipio. Este foi un dos temas que se trataron na reunión que mantiveron esta mañá o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde, Javier Francisco Caínzos.

O obxectivo desta reunión foi estudar iniciativas de colaboración entre as dúas administracións que redunden no benestar das persoas maiores de Curtis.