No día de hoxe presentouse o xa clásico Cidade de Ribeira de Taekwondo na seu vixésimo cuarto edición, á presentación acudiu o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal e o Director deportivo del Natural Sport, Juan Luis Martínez.
O evento celebrarase os días 12 e 13 de outubro no Pavillón Municipal da Fieiteira, o evento que contará con mais de 800 participantes totais, haberá seis pistas montadas con sistemas electrónicos, as categorías van dende infantil a máster e será puntuable para os deportistas galegos e para os deportistas portugueses.
O sábado 12 realizarase a entrega dos premios “Con Naturalidade” que recoñecen o labor de entidades e/ou persoas que poñen en valor o taekwondo, o nome de Ribeira ou de Galicia en diferentes ámbitos: deporte, arte, cine, etc. Na vixésimo cuarto edición os recoñecementos serán para o Equipo Olímpico e Parolímpico Español coa presenza entre outras da medallista olímpica Adriana Cerezo, Abraham Benítez voluntario do ano pola Xunta de Galicia, As Tanxugueiras e Ana Peleteiro (pendente de confirmación).
O concelleiro de Deportes felicitou ao club de taekwondo “Natural Sport” por organizar este evento un ano máis e manifestou que o concello seguirá apoiando e apostando por este club “porque é un dos clubs máis importantes que temos en Ribeira que leva o nome da nosa cidade polo mundo adiante conquistando diferentes galardóns a nivel europeo e nacional”
Juan Luis agradeceu ao concello pola colaboración comentou que “este ano o numero de participantes en total incluíndo, adestradores, árbitros, deportistas…, sobrepasan as 800 persoas; este evento vai a ter un retorno económico para a nosa cidade e para os arredores xa que cando chamo aos hoteis e restaurantes xa me están confirmando que están cheos ou non teñen reservas, por iso me congratula que un evento deportivo apoiado polo Concello e a Federación Galega de Taekwondo repercuta positivamente na cidade e na nosa veciñanza”
Juan Luis confirmou a presenza da recente medallista mundial Noa Romero recen chegada de Korea e que tamén vai a competir no Cidade de Ribeira.
A xornada comeza o sábado de 9.00 h a 14.30 h e de 15:00 h a 21:00 h e o domingo pola mañá de 9:00 h ás 14.30 h.