Friday 18 de October de 2024

O Concello de Lousame abre a inscrición nas escolas deportivas municipais 2024-2025


O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2024-2025, nas que oferta un total de oito modalidades deportivas: bádminton, fútbol sala, voleibol, tenis, tenis de mesa, balonmán, psicomotricidade e predeporte.

As clases impartiranse de luns a venres, en horario de 14:35 a 15:35 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro e no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. Preinscricións en www.bandoticket.com. Máis información na oficina municipal de Deportes (Casa da Cultura) ou ben chamando ao 981 82 04 94.

Deja un comentario