Trala aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de arquitecto/a superior, o Concello da Pobra do Caramiñal convoca as probas selectivas mediante un concurso-oposición.
As funcións a desempeñar consistirán no estudo, elaboración de informes, memorias, proxectos, valoracións, orzamentos, asesoramento, inspección urbanística, coordinación e proposta propias da profesión e as tarefas complementarias que se lle encomenden.
Para tomar parte deste proceso, as persoas aspirantes deberán de cumprir unha serie de requisitos, entre eles, estar en posesión da Licenciatura/Grao de Arquitectura ou titulación equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
A solicitude para participar neste proceso selectivo presentarase no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal ou a través dos medios determinados na Lei do Procedemento Administrativo Común. O prazo é de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), no venres, 4 de outubro. Deberase achegar tamén a documentación xustificativa dos requisitos.
O texto íntegro está á disposición na sede electrónica municipal.