Friday 18 de October de 2024

A Liga Nacional de clubs de patinaxe de velocidade celébrase esta fin de semana na pista de Bastiagueiro


A 5ª e 6ª xornada da Liga nacional absoluta de patinaxe de velocidade celébrase esta fin de semana na pista de Bastiagueiro. Un total de 28 equipos de todo o Estado competirán o sábado desde as 16:00 horas e o domingo desde as 9:30 horas.

As probas a disputar en categoría feminina serán 500 metros + D Sprint, 10.000 eliminación, contrarreloxo por equipos e 5.000 puntos. En masculina haberá contrarreloxo por equipos, 10.000 puntos, 500D+sprint e 10.000 eliminación.

Por parte do club local, o SCD Rabadeira, haberá representación tanto en categoría masculina como feminina. O equipo de homes compite na primeira división e o de mulleres na terceira feminina.

Deja un comentario