Friday 22 de November de 2024

“Ribeira en marcha contra o cancro” presenta a súa terceira edición


Ribeira por pouco non chegou a ter o título de “Moi Nobre, Moi Leal e Moi Humanitaria Cidade”; a realidade foi que estivo a punto, a proposta xurdira da prensa da época en 1921 por mor do naufraxio do Santa Isabel pero ao final asasinaron ao presidente do consello de ministros Eduardo Dato e xa non se procedeu a dito nomeamento. Si que temos o título de Cidade concedido por Alfonso XIII polo “desenvolvemento da súa industria e comercio” en 1906.

Este apunte histórico ben traído porque a veciñanza de Ribeira segue sendo e pode presumir do título que non chegou a ter polo seu continuo inzamento no tempo de innumerables actos solidarios. Hoxe en concreto presentouse a III Andaina Solidaria “Ribeira contra o cancro”.
Ao acto de presentación asistiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, a presidenta da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira, Mª José Carreira máis membros da propia asociación.

A andaina solidaria celebrarase o vindeiro sábado 26 de outubro ás 18:00 h no Malecón (diante de Capitanía), o percorrido será de 5 km con saída e chegada no propio Malecón. O aportación será de 5,00 € para adultos e 3,00 € para nenos e nenas ata os 12 anos; a maiores haberá a opción de mercar a camiseta por unha aportación de de 5,00 €.
As inscricións poderán realizarse no local da asociación na rúa do Estatuto nº1 de luns a venres de 11.00h a 13.00 h e os martes e mércores de 18:00 h a 20:00 h., tamén as inscricións poderanse facer dende a web da asociación:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ribeira-en-marcha-contra-o-cancro-2024

Vidal sinalou que en todas as edicións se homenaxea a unha persoa ou entidade “e este ano ten esta honra o club de fútbol Cidade de Ribeira por ser un club dos máis importantes de Ribeira e por ter esa estrutura de fútbol base que fai que os nenos e nenas de este concello poidan ter a alternativa do deporte, de vida saudábel tal e como propón o espírito desta andaina” finalmente Xabier animou a participar tanto á rapazada como adultos e tamén ás mascotas que se poderán incorporar este ano.
Furones salientou que dita solidariedade tradúcese nuns fondos que maiormente van destinados á investigación e tamén a axuda das familias que teñen problemas derivados desta enfermidade, o doutor incidiu na loita contra o sedentarismo “que é un dos principais obxectivos de loita do Código Europeo contra o Cancro que o nomea entre outros motivos da proliferación de dita enfermidade.

Mª José Carreira agradeceu ao concello e concelleiros presentes por colaborar un ano máis nesta andaina solidaria, e anunciou que vai a contar con inchables para os nenos e nenas, cunha “masterclass” da escola “El Tomasón”, cunha exhibición do Ximnasio de Cardalda, e sorpresas. Rematou agradecendo á Asociación de Veciños de Carreira pola labor da parte técnica “que son os que determinarán antes de saír o percorrido a facer e como non, ao Cidade de Ribeira que é a entidade homenaxeada este ano”.