Thursday 21 de November de 2024

A apertura da mostra ‘As torres coruñesas’ dá inicio á Semana da Arquitectura


O concelleiro Francisco Díaz Gallego interveu no acto celebrado na Sala de Exposicións de María Pita

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presidiu esta tarde a apertura da mostra ‘As torres coruñesas. Exposición de traballos de Historia da Arquitectura’ na Sala de Exposicións Municipais de María Pita. O edil estivo acompañado por Antonio Río Vázquez, comisario da mostra.
“O Goberno de Inés Rey é consciente da importantísima historia urbanística e arquitectónica da cidade e por iso busca achegala á cidadanía con iniciativas como esta Semana da Arquitectura”, sinalou Francisco Díaz Gallego durante a súa intervención. A mostra recolle os traballos do alumnado de Historia da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) sobre as diferentes torres e edificios singulares que se construíron na cidade ao longo dos anos.

Esta edición da Semana da Arquitectura está dedicada á arquitectura vertical da cidade e inclúe diferentes visitas a edificios históricos como a Torre de Hércules ou a Torre de Control Marítimo. Díaz Gallego celebrou que todas as visitas, para as que era necesario reservar praza, están completas, o que amosa o grande interese que hai entre a cidadanía pola arquitectura coruñesa. Nesta Sala de Exposicións de María Pita levaranse a cabo dúas conferencias, o mércores e o xoves, dentro da programación. Todos os actos son gratuítos ata completar capacidade.

A Semana da Arquitectura está organizada polo Concello coa colaboración da ETSAC, a UDC e o COAG. Ademais, nesta edición colabora a Deputación da Coruña e o Banco Santander. A entrada á exposición de

Programación da Semana da Arquitectura 2024

Martes 8
∙ 17.00 horas. Visita ao edificio do Banco Pastor guiada polo catedrático José Ramón Alonso Pereira e os arquitectos Pablo Castro e María Crecente. COMPLETA

Mércores 9
∙ 13.00 horas. Acto de graduación da ETSAC.
∙ 20.00 horas. Conferencia ‘La torre Costa Rica y otros proyectos de torres’, de José Antonio Franco Taboada. Sala de Exposicións Municipal de María Pita.

Xoves 10
∙ 20.00 horas. Conferencia ‘Altius: el reto de construir en altura’, de Juan Pérez Valcárcel. Sala de Exposicións Municipal de María Pita.

Venres 11
∙ 18.00 horas. Mesa de debate ‘Altura de mIras. Debate sobre os modelos de cidade’. Sede do COAG na Coruña.

Sábado 12
∙ 12.00 horas. Visita á Torre de Hércules guiada por Alfredo Vigo e Xosé Alfeirán. COMPLETA
∙ 17.00 horas. Ruta polas torres residenciais da rúa Juan Flórez. COMPLETA Domingo 13
∙ 12.00 horas. Visita á Torre de Control Marítimo. COMPLETA