Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron esta mañá nun operativo causado por unha saída de vía na estrada AC-550 ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira.
A incidencia foi ocasionada por un turismo que saíu da vía impactando contra un poste de formigón do tendido eléctrico. No automóbil non houbo atrapados.