Thursday 21 de November de 2024

A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas á cidade da Coruña coa campañaa de GALICIA SABE AMAR


A delegada da Xunta, Belén do Campo visitou a foodtruck da campaña

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou á cidade da Coruña onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. A delegada da Xunta sinalou que a nova edición desta iniciativa, lanzada no pasado mes de agosto e impulsada pola Xunta de Galicia, reforza o apoio do Goberno galego á promoción dos produtos pesqueiros galegos, tamén nos municipios de interior da comunidade.

Esta campaña leva os foodtruck aos eventos máis importantes, coincidindo nesta ocasión con dúas competicións deportivas na cidade como o partido da liga do Real Club Deportivo e a Supercopa de España de Hóckey sobre Patíns.

A representante do Goberno autonómico resaltou que o peixe, marisco e conservas son unhas fontes excepcionais de proteína cun importante impacto positivo na saúde da cidadanía. Ademais, recordou o peso da cadea mar-industria na economía de Galicia na que traballan ao redor de 50.000 persoas da comunidade e que representa entorno ao 5% do PIB autonómico.