Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba participaron ao redor das 11:30 horas desta mañá nun operativo causado por un accidente frontal entre dous vehículos no comezo da estrada AC-404, a altura do cruce entre avenida de Tomé Taboada e a DP-2904 en dirección a Zas, no concello de Santa Comba.
A incidencia foi ocasionada polo impacto frontolateral entre dous turismos. Nos automóviles non hubo atrapados e o conductor dun dos vehículos tivo que ser trasladado ó PAC de Santa Comba por referir unha forte dor nas costas e no peito.
Completaron o operativo a Policía Local de Santa Comba, o 061 de Santa Comba e SMPC de Santa Comba.