Xunto ao edil de Educación, Juan Ignacio Borrego e a presidenta da AAVV, Carolina Barros, ofreceu o pregón das celebracións do barrio
A concelleira de Medio Ambiente e do Distrito 1, Yoya Neira, pronunciou na praza de Azcárraga o pregón das festas da Cidade Vella animando aos veciños e veciñas a sumarse a unhas celebracións para todos os públicos e que combinan “a tradición do corazón de Coruña coa puxanza dun barrio vivo e comprometido”.
Neira, veciña da Cidade Vella, estivo acompañada polo concelleiro de Educación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, que lembrou algunhas das súas vivencias no barrio e da presidenta da AAVV, Carolina Barros. A concelleira amosou o compromiso do Goberno de Inés Rey coas celebracións dos barrios como estas Festas do Rosario.
O pregón foi o punto de partida dunhas celebracións nas que colaboraron o Concello e a asociacion veciñal para organizar tres días de actividades para todas as idades nas que haberá música tradicional, pop, rock, maxia e gastronomía. Os pratos fortes serán as actuacións de Alejo Stivel, o sábado pola noite, e o peche das festas a cargo da banda municipal o domingo.