Sunday 24 de November de 2024

Mercedes Rosón cuestiona que o goberno non conte con ningún informe que respalde as bases do concurso para a reformulación de Virxe da Cerca


▪ A edil socialista pregúntase como o execu4vo de Sanmartin non dispón de ningún estudo sobre o impacto que pode ter desviar o tráfico polas Trompas ou Castrón Douro

 Critica que o diálogo con oposición e en4dades afectadas se vaia facer coa resposta xa formulada: “se seguimos restando persoas no proceso de toma de decisións, vai resultar que as bases si que son un capricho do concelleiro de Urbanismo”

Moi críticos se amosaron este venres desde o Grupo Municipal Socialista en relación ás formas coas que o execu)vo de Sanmartin está a xes)onar o concurso de ideas que promete reformular o tráfico na zona de Virxe da Cerca. Fano despois de que a portavoz do goberno local, Míriam Louzao, asegurase que non existen informes técnicos que mo)ven as decisións que se inclúen nas bases da convocatoria, e que condicionarán a futura proposta de reformulación do ámbito.
“Como é posible que un goberno diga que non hai informe algún que respalde as importantisimas decisións sobre mobilidade na zona de Virxe da Cerca que xa se inclúen nas bases do concurso” pregúntase Mercedes Rosón, que cuestiona a inexistencia de ditos documentos nos que, por exemplo, se estudase o impacto que pode ter desviar o tráfico pola rúa das Trompas ou Castrón Douro: “recoñezo que, cada día que pasa, resulta máis incomprensible a postura que están tendo nesta cuestión” asegura.
A edil socialista, que tamén acusou ao concelleiro de Urbanismo e á propia alcaldesa de non dar explicacións sobre este asunto, afeoulle ao bipartito que mude o seu discurso. “Cada día din algo diferente sobre quen os asesorou para facer as bases” asegura Rosón que, lembra, que o propio Lestegás afirmara este mesmo martes que no proceso participaron, ademais de persoal técnico do Concello, expertos externos: “agora a señora Louzao só fala de persoal municipal”.
“Estanse tomando esta cuestión a coña?”

A edil socialista volveu reclamar ao executivo de BNG e CA “transparencia e participación no proceso”, de feito cuestionou que, nas declaracións feitas pola portavoz do goberno, esta asegurase que o diálogo coa veciñanza e entidades afectadas, así como coa propia Corporación, realizaríase despois de contar xa coas propostas do concurso: “é dicir, coa solución xa pechada”.

“Estanse tomando esta cues)ón a coña?” pregúntase Rosón que, explica, “o lóxico e normal, o que faría un goberno serio, sería facer un diálogo previo”. Defende a que fóra responsable de Urbanismo a capacidade de par)cipación da xente que vive na zona, as persoas que traballan na Praza de Abastos ou, incluso, as familias que teñen aos seus fillos e fillas nos colexios do ámbito, así como da propia oposición en Raxoi: “seguramente podemos aportar outras ideas ou visións nesas bases que non saíran nesas charlas a porta pechada que ten o concelleiro de Urbanismo”.
“Se seguimos restando persoas no proceso de toma de decisións, vai resultar que as bases si que son un capricho do concelleiro de Urbanismo”

Desde o Grupo Municipal Socialista adiantan que, de non mudar a actitude do goberno local, presentarán ao próximo pleno municipal iniciativas para que a Corporación “no seu conxunto” se pronuncie sobre a transformación do conector central da cidade. Fano, defende Rosón, ante a “falta de claridade e transparencia” do goberno local e reivindicando a capacidade de partición de veciñanza e corporación xa que, asegura, “se seguimos restando persoas no proceso de toma de decisións, vai resultar que as bases si que son un capricho do concelleiro de Urbanismo”.