Hoxe presentouse a quinta edición de esta andaina solidaria a favor da Asociación Agaprem (Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros), organizada pola Asociación de Amas de Casa de Ribeira na que colabora o concello de Ribeira así como un bo número de patrocinadores locais.
Á convocatoria asistiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, a presidenta das Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores, Sofía Cores da directiva das Amas de Casa e o técnico de Deportes do concello Fran Romay.
A saída da andaina terá lugar no Malecón preto da oficina de turismo o vindeiro 13 de outubro a partir das 10.30 h, as inscricións poderanse facer ao “What´s up” 653 33 31 24, ao correo amasdecasaderiveira@gmail.com ou in situ cun prezo libre ou á vontade.
Cores agradeceu ao concello pola colaboración igual que aos patrocinadores; tamén aproveitou para facer un chamamento á administración “porque as terapias destes nenos e nenas son dun custo moi elevado para as familias que o sofren e se senten deixadas pola administración” e animou a toda a veciñanza de Ribeira que acuda pola importancia que ten.
Vidal contextualizou o obxectivo da andaina “esta andaina quere dar visibilidade a esta asociación que lle aporta axuda ás familias con nenos e nenas prematuros; que en moitos casos teñen dificultades cas necesidades que requiren. Sen a axuda da de dita asociación, non poderían afrontar os gastos e inconvenientes que poden requirir os rapaces e rapazas prematuros”.
Fran Romay explicou o percorrido que tamén esta deseñedo para a rapazada “o percorrido será sen costas á beiramar do paseo de Coroso e xirando á esquerda polo novo paseo ao carón da Náutico- Pesqueira seguindo ata o aparcadoiro de Coroso onde se esperará polos máis atrasados para seguir ata o Malecón”, e para rematar Romay tamén animou á toda a veciñanza para camiñar en prol da sensibilización e concienciación dos nenos e nenas prematuros.