Thursday 21 de November de 2024

Os puntos violetas do Concello atenderon a 1.211 persoas nas festas


O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, instalou puntos violetas en todas as festas que se celebraron no municipio durante a primavera e o verán. Cubríronse 28 verbenas e festas en horario de 23:00 a 3:00 horas -agás no caso dos 5 días das festas de Santa Cruz que o horario foi ampliado ata as 3:30 horas- e atendéronse a 1.211 persoas, 768 mulleres e 443 homes.

Os Puntos Violeta forman parte das políticas do Concello de Oleiros de prevención e loita contra as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas. Son puntos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista que contan cun equipo de expertas profesionais na materia e ofrecen acompañamento psicolóxico. Ademais, dan información sobre os recursos municipais na materia e realizan sensibilización.