Friday 22 de November de 2024

Carral dinamiza a actividade da veciñanza co inicio das Escolas Municipais


• Os veciños e veciñas teñen á súa disposición unhas 40 actividades culturais e deportivas.

• O prazo para as actividades nas que aínda quedan vacantes estará aberto do 7 ata o 10 de outubro.

A veciñanza de Carral xa goza desde este mes de outubro das diferentes Escolas Municipais promovidas tanto polo Concello como por distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio.

Deste xeito, as persoas usuarias das Escolas Municipais xa poden gozar dun amplo catálogo de propostas deportivas nas que se inclúen unhas 40 iniciativas deportivas, culturais e de Servizos Sociais. O alcalde de Carral, Javier Gestal, estivo acompañando ás persoas participantes no inicio das actividades.

Entre as propostas ofertadas a veciñanza está a gozar de actividades como atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe, judo, equitación, baloncesto, pádel, zumba, ximnasia de mantemento, en Carral e nas parroquias, actividades escolares, escola de música, fútbol sala e balonmán, tiro con arco e Olímpico, ximnasia de mantemento, risoteriapia/baile animación, pilates-ioga, ‘actívate’, guitarra e clases de cociña, bailes latinos, costura, corte e confección, calceta e gancho e ioga ou música tradicional e pandeireta, teatro e labores.

Ademais, o Concello informou da apertura dun segundo prazo de inscriciñon, que estará en vigor desde o 7 ata o 10 de outubro, para aquelas actividades e grupos nas que aínda quedan vacantes.
Para máis información e inscricións as persoas poderán achegarse á Casa da Cultura de Carral, ou contactar a través do mail casadacultura@carral.es ou no teléfono 981 672 580.