Friday 22 de November de 2024

Cambre preparado para o Entroido Pequeno no que participarán 300 persoas xa inscritas


O número de participantes por cada agrupación aumentou considerablemente

Cambre xa ten todo preparado para a celebración do Entroido Entroido Pequeno este sábado a partir das 16.30 horas, que reunirá como ano a milleiros de persoas chegadas de toda a bisbarra. As carrozas e comparsas poderán concursar como cada ano para optar aos premios recollidos nas bases. Una decea de carrozas e de comparsas conformada por máis de 300 persoas desfilarán ata o centro do municipio. O numero de comparsas se mantén como noutros anos aínda e o número de participantes por cada agrupación aumentou considerablemente. Dúas agrupacións participantes teñen máis de 70 persoas. Os asistentes poderán ver o desfile de carrozas, comparsas , disfraces e choqueiros dende as Naves de Cela, Graduil, ata o Campo da Feira a partir das 16.30 horas.A continuación terá lugar a lectura do testamento de don Carnal, a cargo do humorista Pedro Bandariz. A organización espera que a que veñan a despedir o Entroido milleiros de persoas procedentes de toda a comarca .O concurso terá lugar a continuación. O redor das 20.00 h o xurado, composto polo encargado da lectura do testamento, Luís Vivancos, actor e membro da Asociación Manicómicos de A Coruña e Mariola Cerdeiro, a responsable da área de produción e imaxe de URDIME. Mentres tanto o Grupo Montreal amenizara a espera e poñerá o broche final a este Entroido cun baile de máscaras.