Friday 22 de November de 2024

Veciños e veciñas de Miño poderán coñecer a vila ourensá de Allariz


● As persoas interesadas poderán apuntarse a esta excursión na Oficina de Turismo entre o 8 e o 17 de outubro.

O Concello de Miño anuncia a organización dunha excursión dirixida a persoas maiores de 55 anos, empadroadas no municipio, para visitar a histórica localidade ourensá de Allariz. A actividade levará a cabo o sábado, 19 de outubro, co fin de ofrecer aos participantes unha oportunidade de gozar dun día de turismo e convivencia.

O punto de saída será ás 8:30 horas na Rúa do Mercado de Miño, desde onde partirá o autobús cara a Allariz. Os interesados en participar poderán inscribirse entre o 8 e o 17 de outubro na Oficina de Turismo de Miño. As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes.
Con esta iniciativa, o Concello de Miño busca fomentar o benestar dos seus maiores a través de actividades de lecer e cultura que promovan a socialización e o coñecemento de diferentes puntos de interese de Galicia.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Turismo de Miño.