Friday 22 de November de 2024

Incendiado un alpendre na parroquia de Fao, no concello de Touro


Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados sobre as 17:35 horas de onte dun incendio que afectou a un alpendre no lugar de Aldrén, na parroquia de Fao, en Touro.

Á chegada dos bombeiros provinciais o lume xa calcinara por completo o alpendre sen afectar a outras propiedades nin persoas. O operativo consistiu na extinción das chamas e na comprobación da seguridade.

No operativo participou tamén a Garda Civil de Arzúa e Protección Civil de Touro.