Friday 22 de November de 2024

O concello de Riveira conmemorará o Día Internacional da Lingua Materna cunha sesión de teatro para bebés na Biblioteca


O día 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna desde que tivo ese recoñecemento pola UNESCO en 1999. A necesidade de fomentar a transmisión familiar do idioma fai que unha proposta lúdica e atractiva dirixida a bebés de 0 a 3 anos, e os seus pais e nais, sexa a máis acaída para esta data.

Con tal motivo, o Concello de Riveira, xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación da Coruña, poñen en marcha a acción “Os contos do chupete”, a cargo de TeatroMigallas. Está dirixida especialmente a bebés de 0 a 3 anos e as súas familias (por suposto os irmanciños un pouco máis maiores poderán asistir) e terá lugar ás 17.30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Riveira.

Para asistir é preciso inscribirse chamando ao teléfono 981835650 ou enviando un correo electrónico a normalizacion@riveira.com. A entrada é gratuíta.