Friday 22 de November de 2024

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha ofrece unha nova acción formativa que principiará o 7 a de outubro


As persoas interesadas deben contactar co Edificio Administrativo presencialmente, vía telefónica ou por WhatsApp.

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha continúa ofertando iniciativas dirixidas a pechar a brecha dixital entre a poboación do municipio, facilitando as competencias nesa materia a todos os cidadáns con independencia do seu perfil demográfico.

O próximo día 7 de outubro está previsto iniciar unha nova acción formativa centrada no manexo das redes sociais, o certificado electrónico, a sinatura dixital de documentos, a xestión de contas bancarias, as aplicacións de chat con intelixencia artificial, o uso da nube, as webs de deseño gráfico e composición de imaxes e outras aplicacións avanzadas. Debido aos contidos a abordar, requírese que os participantes teñan coñecementos informáticos básicos sobre o manexo do ordenador.
Calquera persoa que estea interesada na realización desta acción formativa pode inscribirse de balde acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha, chamando ao 981612811 ou tamén vía WhatsApp no 669963094.

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha é financiado coa colaboración do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.