• Será no Mercado Municipal a partir das 10:30 horas.
• Contará cunha gran variedade de postos con todo tipo de produtos, un sorteo e un obradoiro para os máis pequenos.
Cariño celebrará o sábado 12 de outubro a primeira edición da Feira do Mel, unha xornada organizada pola asociación Recursos de Aldea coa colaboración do Concello e dedicada aos produtos realizados con este alimento. Será a partir das 10:30 horas no Mercado Municipal e contará con varios postos cunha gran variedade de produtos.
A iniciativa ten por obxectivo poñer en valor uno dos produtos esenciais da gastronomía local, reunindo no municipio a unha ampla variedade de produtores deste alimento e incentivando con iso o sector primario, de moita importancia e transcendencia na localidade.
Ademais, haberá moitos outros produtos diferentes, como queixos ou zumes, así como postos de cosmética e artesanía. Para os máis pequenos celebraranse obradoiros temáticos con cera de abella ao longo da xornada e todos os asistentes poderán participar tamén no sorteo de dúas cestas cos produtos da feira.
A alcaldesa do municipio, Ana María López, explicou que “con este tipo de iniciativas amplíase a oferta existente para o goce dos veciños e das veciñas, ademais de incentivar con iso aos produtores locais e darlle un impulso ao comercio do municipio”.