O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado de varios concelleiros e da presidenta da Asociación Veciñal Anduriña de Callobre, visitaron recentemente o lavadoiro de Barbeita para comprobar de primeira man o resultado das recentes obras de rehabilitación. Esta actuación forma parte do compromiso do Concello coa conservación do patrimonio local e a mellora dos espazos públicos.
As melloras no lavadoiro incluíron a restauración da súa estrutura e a modernización das instalacións, respectando a súa esencia tradicional. Con esta intervención, o Concello busca recuperar o uso deste espazo histórico e poñelo en valor para a comunidade.
O alcalde destacou a importancia de proxectos como este para manter viva a memoria das infraestruturas tradicionais, e agradeceu a colaboración da Asociación Veciñal Anduriña no proceso, que foi clave para o éxito da rehabilitación.