Friday 22 de November de 2024

A Universidade Sénior anuncia unha nova edición do programa de formación universitaria para maiores de 50 anos da UDC en Carballo


A Universidade da Coruña (UDC) informa que o vindeiro 4 de outubro de 2024 dará comezo o prazo de inscrición para a 2ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir Experiencias e Coñecementos” en Carballo. Este programa, dirixido a persoas maiores de 50 anos, conta coa colaboración do Concello de Carballo e a Xunta de Galicia.
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Carballo, a 2ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro de 2024. As sesións serán desenvolvidas na Forum Carballo.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse en liña a través do espazo web UDC Sénior Carballo (https://universidadesenior.org/carballo/) ou de forma presencial e telefónica no Concello de Carballo.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MODULO 1. Arte e Patrimonio
“O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profa. Elvira Santiago Gómez
“Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” a cargo da profa. Estefanía López Salas.
“A Moda a través da Historia” a cargo da profa. Elvira Lezcano González
Visita cultural
MODULO 2. Ciencia e Tecnoloxía
“I+D e Innovación en Galicia” a cargo do prof. Alfonso Bravo Juega.
“Situarse no Mar: O Ceo como Guía” a cargo da profa. Alsira Salgado Don.
“Ciencia con Datos” a cargo do prof. Salvador Naya Fernández
Saída de campo
MODULO 3. Saúde e Benestar
“Factores de Risco da Demencia” a cargo do prof. J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.
“Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, a cargo da prof. Raquel Veiga Seijo
“Augas termais e Saúde” a cargo da profa. Rosa Meijide Faílde.
Saída de campo
Esta iniciativa forma parte do compromiso da Universidade Sénior da UDC de achegar formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos en diferentes localidades e comarcas coruñesas, un labor que vén desenvolvendo desde 2018.