Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados onte de diversos incendios en colectores da localidade.
O primeiro aviso tivo lugar pasadas as 21:30 horas e afectou a dous colectores situados na estrada AC-550, á altura do punto quilométrico 101. O operativo consistiu na extinción e na comprobación das medidas de seguridade.
A segunda notificación tivo lugar pouco antes das 22:00 horas e afectou a dous colectores situados na AC-550, á altura do punto quilométrico 110,5. O operativo tamén consistiu na extinción e comprobación da seguridade.