Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron esta tarde nun operativo derivado dun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada N-651, á altura do punto quilométrico 8, ao seu paso polo concello de Paderne.
Na incidencia víronse involucrados dous turismos e o operativo despregado polos bombeiros provinciais consistiu na liberación dos seus ocupantes.