Partiron o martes e, trala parada en Burgos, chegarán hoxe a Peñíscola.
Un grupo formado por cincuenta laracheses maiores de cincuenta e cinco anos de idade, xubilados ou pensionistas están a participar nesta semana na excursión á Costa do Azahar que organiza o Concello para ese colectivo. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López.
A viaxe iniciouse este martes coa saída do autobús desde A Laracha. O primeiro punto de destino foi Burgos, onde fixeron un percorrido guiado pola localidade e visitaron a Catedral. No día de hoxe reanudouse o camiño cunha parada en Morella. Pola tarde está prevista a chegada a Peñíscola. Durante os próximos días tamén visitarán Castellón, o Delta do Ebro (incluíndo un paseo en barco na desembocadura), Vinaroz e a Cova de San José. Á volta, que do mesmo xeito que a ida será en dúas etapas, farase noite na localidade asturiana de Llanes. O regreso á Laracha será o martes día 8.
Esta excursión é organizada polo Concello co propósito de ofrecerlle a este colectivo unha alternativa de ocio e cultural para o aproveitamento do seu tempo de lecer, favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre os veciños dese grupo de idade.