Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular do Ventorrillo, do circuíto Coruña Corre


A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro

O vindeiro domingo 20 de outubro celebrarase a décima edición da Carreira Popular do Ventorrillo. Será a sexta proba do circuíto Coruña Corre e o prazo de inscrición xa está aberto para todos os públicos. O Goberno de Inés Rey continúa apostando por un circuíto que é un dos piares dos eventos deportivos que se celebran na cidade.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro domingo 13 de outubro ás 23.59 horas. As persoas interesadas en participar, poden facelo a través da páxina web de Coruña Corre, onde deberán encher o formulario de inscrición. É posible participar na proba absoluta e nas seis de categorías inferiores.

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta a súa última parte da tempada co obxectivo de fomentar a práctica deportiva en todos os barrios da cidade. A proba terá a súa saída e a súa meta na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez.

Tras esta proba do Ventorrillo só faltará a derradeira carreira para dar por pechado o circuíto nesta undécima edición. O último día de competición será o 24 de novembro, coa Carreira Popular de Novo Mesoiro. Antes, este mesmo domingo 6, celebrarase a proba de 10 quilómetros Coruña 10, na que hai inscritas máis de 2.700 persoas.