Friday 22 de November de 2024

Comezan as tertulias literarias organizadas polo Concello de Oleiros nas bibliotecas municipais


No mes de outubro comezarase cos Clubs de lectura e Tertulias Literarias para mozos/as e adultos/as na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera e na Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros.

 

 

Están dirixidos a maiores de 18 anos e neles realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se lerá poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

 

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista. Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utiliza e analizar os textos escritos, os procedementos e características máis importantes de cada obra.

 

Na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, haberá dous grupos, con 19 persoas por grupo que se reunirán quincenalmente os mércores, ás 17:30 h. Cada sesión durará dúas horas. A inscrición abrirase o venres, 4 de outubro, ás 8:30 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/0ZBTm , a través do teléfono 981 639 511, ou persoalmente na biblioteca Rialeda.

 

Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera haberá dous grupos, con 15 persoas por grupo que se reunirán mensualmente un luns ao mes, ás 19 h. A actividade durará 90 minutos. A inscrición abrirase o martes, 8 de outubro, ás 16:15 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/r9rUb , a través do teléfono 981 628 507, ou persoalmente na biblioteca de Mera.

 

Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros haberá un grupo, con 15 persoas que se reunirán mensualmente un xoves ao mes, ás 11 h. A actividade durará 90 minutos. A inscrición abrirase o luns, 7 de outubro, ás 16:15 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/mWwKb , a través do teléfono 981 610 700, ou persoalmente na biblioteca de Oleiros.

 

 

 

 

 

 

 

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz están formados tres grupos, con 19 persoas por grupo. Dous grupos que se reunirán quincenalmente os martes pola tarde,  ás 17:30 h, no que cada sesión durará dúas horas e un terceiro que se reunirá mensualmente un martes ao mes pola mañá, ás 11 h, no que cada sesión durará noventa minutos.

 

En total participarán 140 persoas, ás que ao longo dos meses se lles prestarán os diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as interesadas en participar se inscriban para ter praza e poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título.

 

Algunhas das obras que se lerán ao longo dos meses son: No te veré morir de Muñoz Molina, Cómo maté a mi padre de Sara Jaramillo, Ninguén queda de Brais Lamela,  Desgracia de Coetzee, Azucre de Bibiana Candia, La isla de las mujeres del mar de Lisa See, As alumnas de Paula Carballeira, Canciones de amor a quemarropa de Nickolas Butler, La nieta del señor Linh de Philippe Claudel, A esmorga de Blanco Amor, La mujer helada de Annie Ernaux, O único que queda é o amor de Fernández Paz, El extranjero de Albert Camus, Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, Nada de Carmen Laforet, El coronel no tiene quien le escriba de García Márquez, Xente ao lonxe de Blanco Amor, Historia de los vertebrados Mar García Puig, Os seres queridos de Berta Dávila, Canción dulce de Leïla Slimani ou Llévame a casa de Jesús Carrasco.