O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o próximo venres 11 de outubro da man de Raquel Poncini Gómez, vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa.
O venres 11 de outubro ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida pola Vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa; Raquel Poncini Gómez sobre “Os fungos. Curiosidades” na que se explicará a importancia dos fungos, a súa calidade, cales son tóxicos e cales non e a súa relevancias desde o punto de ecolóxico.
Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” completarase con outras dúas charlas máis os días 8 de novembro (“Isabel Zendal e a expedición Balmis” con Ana González Tizón) e 13 de decembro (“Limpar de antibióticos o medio ambiente” con Camen Rodríguez Coronado).
As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.
A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.