Denuncian a “opacidade” do execu/vo de Sanmar4n no deseño das bases do concurso de ideas que se lanzará proximamente para reformular o tramo entre Virxe da Cerca e Basquiños
Reclaman ao goberno local diálogo cos axentes sociais e persoal experto, tamén que aclaren o papel do COAG no concurso, aparentemente circunscrito só para a selección de propostas
Transparencia e par,cipación no proceso de reformulación do tramo entre Virxe da Cerca e Basquiños, é o que demandan desde o Grupo Municipal Socialista logo das dúbidas suscitadas entre veciñanza e praceiros polo concurso de ideas que o executivo de SanmarEn prevé lanzar nas próximas semanas co fin de obter propostas para resolver a mobilidade na zona. Un concurso que, por outra banda, conta cunhas bases moi específicas e que limitan as posibles solucións que os profesionais que opten a dita convocatoria poderían aportar.
Neste sentido, os socialistas, aínda que respaldan a u,lización deste instrumento para buscar a mellor solución constru,va a unha transformación que reformulará tamén o Plan Especial neste ámbito, teñen dúbidas sobre o procedemento seguido para deseñar as bases. Denuncian que, a pesar de solicitar reunións co propio concelleiro de Urbanismo, este segue sen facilitarlles a documentación que sustenta as decisións tomadas respecto a esas liñas e obxectivos que enmarcan o concurso.
“As bases do concurso non poden responder a un capricho do concelleiro de Urbanismo” cri,cou
Mercedes Rosón, quen cri,cou que a “opacidade” coa que se está levando este asunto por parte da concelleira de Urbanismo, “está xerando máis preocupacións e demasiadas incertezas”. Lembra a edil socialista que o concurso aínda non esta convocado, polo que “aínda temos tempo para facelo ben”.
Nunha comparecencia conxunta, o portavoz dos socialistas en Raxoi, Gonzalo Muíños, subscribiu as palabras da que fóra responsable de Urbanismo durante o pasado mandato. Criticou que as “presas por ocupar un ,tular ou promocionar algún tipo de logro por parte do goberno” están detrás da “mala xes,ón dos tempos” que está a facer o goberno local con este asunto, “trasladando informacións que, no canto de clarificar as dúbidas que xorden, acrecéntanas e intensifican o descontento xeral da cidade”.
Contemplar o ámbito da Praza de Galicia e a rúa do Hórreo
Os socialistas sinalan ademais que, ante a próxima finalización da concesión de explotación do aparcadoiro de Praza de Galicia, a solución de mobilidade que se queira deseñar para unha das arterias principais da cidade, debera contemplar tamén esa zona: “non ten sen,do que se circunscriba só ao tramo que vai desde a rúa da Senra ata Virxe da Cerca e Basquiños, e se obvie a relación con todo o ámbito da Praza de Galicia e a rúa do Hórreo”.
Muíños insiste en aproveitar a oportunidade do concurso de ideas para buscar unha “solución integral en todo este ámbito”.
O papel do COAG
Na rolda de prensa desde mércores, Mercedes Rosón tamén se preguntou polo papel que vai xogar o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no concurso de ideas. Neste sen,do, cues,ona que, se o seu papel é só para a selección de propostas, “a súa colaboración só tería sen,do para aparentar certo respaldo técnico de todo o proceso”: “estarían a abalar un proceso no que non participaron na súa formulación inicial” critica.
Así, insisten na súa solicitude de información sobre a documentación e criterios técnicos que sustentan as decisións tomadas ata o de agora, deixando a porta aberta a que tanto o COAG como outras colexios profesionais vencellados á materia poidan facer novas aportacións que permitan mellorar o concurso. Lembran que éste aínda non está convocado e, defende Rosón, “temos tempo para facelo ben e as presas non son boas compañeiras de viaxe”.