De maneira unánime, tódolos representantes no Consello escolar do CEIP Rabadeira (persoal docente e non docente, equipo directivo, Concello e representantes das familias) acordaron remitir escrito ao Conselleiro de Educación e á Subdirección Xeral de Recursos Humanos, con copia a Inspección Educativa, reclamando a dotación do profesor/a de Audición e Linguaxe recortada no curso escolar 2024/2025.
As partes integrantes no Consello Escolar realizarán seguimento deste tema co fin de que sexa resolto pola Consellería no prazo máis breve posible, sen descartar accións adicionais se non é solventado a curto prazo.