Friday 22 de November de 2024

Dez alcaldesas de cidades de máis de 100.000 habitantes asinan a segunda Declaración de María Pita


Inés Rey presidiu a recepción e acto institucionais ao que asistiron as alcaldesas de Santiago de Compostela, Lugo, Las Palmas de Gran Canaria, Palencia, Barakaldo, Alcorcón, Rivas-Vaciamadrid, Reus e San Fernando

Un total de 23 alcaldesas galegas adheríronse ao documento, comprometéndose a traballar pola igualdade dende os seus concellos

A Coruña acolle durante o día hoxe o II Encontro de Alcaldesas baixo o título ‘Tomando decisiones para cambiar el mundo’, promocido pola alcaldesa, Inés Rey, para a posta en valor do liderado político das mulleres na administración local. Rey presidiu a recepción institucional desta mañá no Palacio de María Pita ao que acudiron 32 alcaldesas de Galicia e España.

Do mesmo xeito que na primeira edición do encontro Rey convocou ás mulleres alcaldesas de capital de provincia, comunidade autónoma e máis de 100.000 habitantes para acordar unha declaración conxunta. Neste 2024, dez alcaldesas estatais asinaron o documento no que se compometen a loitar pola igualdade dende as institucións. As alcaldesas que asinaron son: Carolina Darias, alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria; Goretti Sanmartín. Alcaldesa de Santiago de Compostela; Amaia del Campo, alcaldesa de Barakaldo; Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia; Parricia Caavada, alcaldesa de San Fernando; Aínda Castilleja, alcaldesa de Rivas Vacia-Madrid; e Sandra Guaita, alcaldesa de Reus.
A rexedora convidou ás alcaldesas galegas a adherirse á Declaración de María Pita sendo asinada por un total de 23 gobernadoras das catro provincias no acto da mañá. “En total, as mulleres que hoxe estamos neste Salón de Plenos, representamos a case 2 millóns de persoas” explicou Inés Rey, quen lle agradeceu o apoio: “Hoxe volvemos comprometernos coa igualdade desde os nosos concellos para traballar por cidades seguras, inclusivas, que incorporen a variable de xénero no seu deseño, economía e forma de liderar. E volvemos comprometernos co feminismo como foro presente na nosa acción de goberno” concluíu.

Xornada de tarde, aberta ao público e dispoñible en streaming

O II Encontro de Alcaldesas continuará pola tarde cun evento aberto á cidadanía, a partir das 16.15 horas da tarde no Palacio de Congresos e Exposicións de PALEXCO, e retransmitido en streaming a través do Youtube do Concello da Coruña.

A apertura institucional contará coa intervención da alcaldesa, Inés Rey, xunto coa Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, Fabiola García, e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda do Goberno de España, María Jesús Montero. Xa despois comezarán as relatorías conducidas pola xornalista Marta Fernández e contará con dúas mesas redondas.
Unha primeira baixo o título “Mujeres en el poder local: nuevas políticas en las agendas del cambio” moderada pola abogada e escritora Cruz Sánchez de Lara e na que participarán Carolina Darias, alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria; Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia; Amaia del Campo, alcaldesa de Barakaldo; Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela; e Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón.

A xornada continuará co debate “La ciudad de las mujeres: trabajando desde el espacio urbano para la innovación local” moderada pola xornalista Anabel Díez. Na mesma intervirán como relatoras Aida Castillejo, alcaldesa de Rivas-Vaciamadrid; Sandra Guaita, alcaldesa de Reus; Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo; e Patricia Cavada, alcaldesa de San Fernando.
Rematará cunha relatoría moderada pola xornalista galega Ainhoa Apestegui na que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, analizará as conclusións do encontro xunto coa alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, a rexedora máis xoven de Galicia e España.