Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros amplía ao mes de outubro as rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural


A gran acollida das rutas guiadas polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes durante o pasado mes de setembro deron pé á ampliación das mesmas ao mes de outubro polo departamento de turismo do Concello de Oleiros.

Durante os sábados e domingos do mes de outubro, agás o sábado 12 de outubro; realizaranse rutas gratuítas polo Monumento Natural. Trátanse de dúas rutas de dificultade baixa para todos os públicos, “Ruta Seixo Branco-Furnas” (3 km), de dúas horas de duración, onde se porá en valor fauna, flora, xeoloxía e xeomorfoloxía da zona; e a “Ruta Porto de Dexo” (4 km), de dúas horas e media de duración onde se porá en valor a etnografía da zona.

O período de inscrición é do 1 ao 25 de outubro a través do formulario web seguinte: bit.ly/3MC072r. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para máis información poderase contactar ao 981 618 154 ou a través do correo electrónico turismo@oleiros.org