• As persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula desde o 2 ao 11 de outubro na aula de música, en horario de 10:00 a 14:00 horas
A Escola Municipal de Música de Laxe abre o prazo de inscrición para o curso 2024-2025, que dará comezo o vindeiro día 21 de outubro.
A matrícula poderase formalizar desde mañá, mércores 2 de outubro, ata o venres 11 de outubro. Farase de maneira presencial na aula de música municipal, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Entre as modalidades ofertadas están, coma en edicións anteriores, as clases de guitarra, pandeireta, acordeón, percusión, etc.
As persoas interesadas poden consultar toda a información no 981 70 69 03 ou enviando un correo electrónico a correo@laxe.es