Hoxe presentouse unha nova carreira para engadir ao dinámico calendario de citas deportivas que temos no calendario; a “I Milla día da Hispanidade”
Á presentación compareceron o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o concelleiro de mar, Fernando Abraldes, e a responsable do Club El Canario, Clara Millares.
Terá lugar o sábado día 12 de outubro, dende as 17 horas ó longo da avda. do Malecón en Ribeira. O percorrido é totalmente chairo nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías. Haberá categorías tanto masculinas como femininas.
Furones e Abraldes animaron a toda a veciñanza a participar e agradeceron o traballo que están facendo dende o GAEM e a Policía local.
As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do domingo 6 de outubro. Os dorsais poderán retirarse o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba. O custe da inscrición é de 5 euros a partir de Sub16 incluída ata Master4. E de balde o resto das categorías.