Saturday 05 de October de 2024

IV Ciclo da USC sede Ribeira


Hoxe, 30 de setembro de 2024, ás 16.00 h comezou o curso académico 2024 2025 do IV Ciclo da USC sede Ribeira.

Medio cento de alumnos e alumnas asistiron á apertura do curso no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas.

A concelleira de Educación do concello de Ribeira deulle a benvida ao alumnado, e agradeceu o forte apego polo coñecemento das persoas maiores de 50 anos que a ampla matrícula demostra. A directora do IV Ciclo, profesora doutora María Esther Olveira, ausente de xeito temporal, enviou unha mensaxe gravada na que agradeceu a implicación do Concello de Ribeira no proxecto IV Ciclo e animou o alumnado a procuraren o máximo rendemento persoal e social da súa formación académica. Foi daquela cando tomou a palabra o catedrático en Fisioloxía Víctor Arce para impartir a súa primeira aula na materia “Iniciación á bioloxía humana”.

Deja un comentario