Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados a primeira hora da mañá do 30 de setembro, dun accidente de tráfico con tres vehículos na DP-702, en Rianxo.
A chamada efectuouna un dos implicados, onde informou que dúas das persoas involucradas alegaban diversas molestias. Unha vez localizado o lugar do incidente, procédese a atendelos e esperar á chegada da ambulancia, que os traslada ao hospital de referencia.
O operativo consistiu na retirada de restos sólidos e líquidos rematando o servizo tras comprobar que a situación está controlada.
Completaron o operativo a Policía Local de Rianxo, a Garda Civil de Tráfico e o 061.