Friday 22 de November de 2024

Alternativa dos Veciños denunciará no plenario cambrés e na Deputación Provincial as irregularidades cometidas coas obras do auditorio e a biblioteca


As irregularidades cometidas polo goberno cambrés coas obras do auditorio serán denunciadas novamente por AV tanto no concello como na Deputación Provincial da Coruña.

Alternativa dos Veciños denunciará as irregularidades cometidas no expediente de obras relativo ao auditorio e biblioteca. O Concello contratou as obras da biblioteca adquirindo o compromiso, ante a Deputación provincial, de simultanear as obras de urbanización da contorna, xa que na parcela sinalada existe a obriga de urbanizar o solo polos promotores; e que nunca se realizaron . Na actualidade a planta baixa do edificio, que se ía destinar a auditorio, está sen rematar e xa pasaron 4 anos.

O Concello está obrigado a reclamar a urbanización ao promotor ou a facela con fondos propios. Non se lle poden pedir máis fondos á Deputación da Coruña, que xa foi a que financiou as obras da biblioteca e auditorio, mentres non se legalice a situación da urbanización da contorna.

Alternativa dos Veciños denunciará esta situación no pleno municipal de Cambre e na Deputación da Coruña.